Ascende a tres os afectados por Covid-19 no concello de Melón, dous homes de 73 e 43 anos e unha muller de 66 anos

Ata o momento ascende a tres o número de afectados dun gromo localizado no Concello de Melón despois do diagnóstico dun primeiro caso de Covid19, o pasado luns 25 de agosto, e que na actualidade afecta a dous homes de 73 e 43 anos e a unha muller de 66 anos de idade, todos pertencentes a un mesmo núcleo familiar e que teñen a súa residencia nese Concello ourensán.

Desde o primeiro momento o centro de detección activou o protocolo para o seguimento e estudo dos seus contactos máis estreitos para a súa identificación e posterior realización das probas diagnósticas correspondentes.

AVANTAR ACTIVIDADES

Neste momento os tres pacientes están en situación de illamento domiciliario controlados e monitorizados telemáticamente en todo momento e a seguimento polo persoal sanitario do seu centro de saúde.

A aparición deste gromo provocou que Sanidade, como medida preventiva, ordease desde o luns a restrición total nas visitas e nas entradas e as saídas da Residencia Santa María de Melón co obxectivo de preservar a saúde e seguridade dos residentes e dos traballadores do centro.