O BNG alédase de que o Goberno Local recollese a proposta nacionalista de convocar unha Xunta de Portavoces para tratar a iniciativa de emitir bonos axuda para comercio e hostalería

Segundo a formación nacionalista, o procedemento inicialmente seguido non era o máis acaído e aseguran que o lóxico era convocar aos portavoces, trasladar unha proposta concreta e a partires de ahí traballar na súa concreción e na búsqueda de acordos

Para o Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense, o procedemento inicialmente seguido polo actual Goberno Local para a posta en marcha de bonos axuda ao comercio local e ao sector hostaleiro non era, nin o máis acaído nin o máis serio.

AVANTAR ACTIVIDADES

Segundo o portavoz nacionalista Luis Seara “o normal é convocar unha Xunta de Portavoces na que o Goberno traslade a súa proposta concreta e a partires de ahí que os Grupos, unha vez avaliada, poidamos facer as nosas achegas para poder sacala adiante, máis o que se fixo foi contactar a través de asesores e de xeito individual”.

Seara afirma que no BNG “estamos abertos a estudar e traballar calquera proposta que se faga desde o Goberno Local, mais a día de hoxe non sabemos nada sobre o que se quere facer e sobor de todo de cómo se quere articular, polo que lle solicitamos ao Goberno a convocatoria dunha Xunta de Portavoces”.

Na formación nacionalista valoran positivamente que o sobrante das axudas outorgadas no seu día ao sector hostaleiro para paliar a grave crise padecida coma consecuencia da pandemia orixinada pola COVID-19 sexa adicado novamente ao sector máis tamén ampliado ao comercio local xa que, “o comercio local e de proximidade é fundamental para a economía do concello, xera emprego, riqueza e dinamismo nas nosas rúas ademais de ofrecer produtos dunha altísima calidade”.

No BNG reiteran a súa disposición a traballar pero en base a unha proposta cocreta a partir da cal poder facer achegas e sempre que o Goberno Local “non persiga unicamente unha adesión sen máis as súas pretensións”.

Os nacionalistas lembran que xa no presente mandato houbo un acordo por unanimidade no primeiro paquete de axudas, onde se adicaron preto de 10 millóns de euros polo que entenden que o procedemento para este segundo no tocante á búsqueda de acordos “debera ser igual”.