O concello instala novas marquesinas en Godás do Río e Costoia

Publicidade ASPADISI

Foron instaladas estes últimos días, ao pé das estradas N 541 e OU-401 O Reino-Carballiño, respectivamente, para prestar servizo aos veciños destas parroquias do rural carballiñés.

Estas instalacións veñen a cubrir a necesidade dun servizo que se viña solicitando por parte dos veciños dende hai tempo, pois os escolares e os propios veciños debían agardar polo transporte á intemperie.

HIPER MASIDE

Trátase dunha colaboración entre a concellería de Medio Rural, que coordina Rosa Fuentes, e a Xunta de Galicia, e que supuxo a instalación destas dúas marquesinas, e unha terceira na loalidade de Partovia.

Esta iniciativa forma parte do plan de mellora de servizos nas aldeas e parroquias por parte da área municipal de Medio Rural.