A proba cicloturista “Ourense Strade Termal” queda aprazada ao 13 de xuño debido a pandemia

A proba cicloturista “Ourense Strade Termal” que organiza o Inorde, co apoio da Axencia de Turismo de Galicia, queda aprazada ao 13 de xuño por razóns sanitarias derivadas da pandemia do Covid-19, polo que se empraza a tódolos inscritos a participar nesta nova data.

Publicidade

A organización prevé para todos aqueles que non poidan participar na proba, que está dentro do Calendario Nacional da Real Federación Española de Ciclismo, diferentes opcións que son as seguintes: solicitar que se lle garde a súa praza para a vindeira edición de 2022, solicitar a devolución íntegra do importe abonado; ou solicitar a devolución parcial do importe abonado menos 20 euros que cubrirían o envío ao domicilio do Maillot conmemorativo da proba e a bolsa do corredor.

As solicitudes deberán notificarse antes do venres, 4 de xuño, a través do correo electrónico eventos@noko360.es. A organización dará por inscritos na proba que se celebrará finalmente o vindeiro 13 de xuño, a todos aqueles que antes do 4 de xuño non soliciten nin a devolución íntegra ou parcial da inscrición, nin a reserva da súa praza para a vindeira edición.