O concello presentou o cupon do dia 5 de agosto da Once con motivo da festa do pulpo do carballiño

O alcalde da vila Francisco Fumega e o director da once na nosa zona Jesús Sánchez presentaron hoxe este cupon que dará unha gran proxección ao carballiño e a Festa do Pulpo neste ano dificil para dita festa. O cupón reproduce a imaxe dun prato de pulpo, cuxa fotografía foi realizada por Manuel Blanco, presidente da Asociación Fotográfica O’Potiños.

O representante da once Jesús Sánchez amosou o cupon que se sorteará o 5 de agosto, cunha difusion de 5 millons de exemplares sobre esta festa gastronomica en todo o ambito nacional. O directivo tamen lembrou a dobre funcionalidade destes cupons polo labor social que realizan coas persoas con discapacidade.

AVANTAR ACTIVIDADES