O concello de Ribadavia programa unha ampla oferta de actividades de Nadal para todas as idades.

Conciliación para as familias, exposicións culturais, actividades infantís, música e outras actividades conforman a programación que o Concello de Ribadavia ofrece nestas datas.

Ademais, por segundo ano consecutivo, o Apalpador súmase a celebración do Nadal en Ribadavia e visitará aos máis pequenos nas escolas e o 24 de decembro, xunto con Papá Noel. Recibirán aos máis pequenos nas súas casiñas da Praza Buxán e Alameda.

FESTAS EN RIBADAVIA

RIBANADAL: actividades infantís durante o Nadal. Gratuíto.No pavillón de deportes “O Consello” de 16:30 a 19:30 horas.

CONCILIACIÓN DE NADAL: do 23 de decembro ao 5 de Xaneiro. POlas mñaás e a metade de prezo para empadroados. Pavillón de deportes “O Consello”.

Nadal a través dos ollos dos artistas: proxecto creativo que pretende motivar ao artista que todos levamos dentro

Do 15 de decembro ao 10 de xaneiro: Exposición de fotografía “Tempo Ribadavia”. Polas rúas do casco histórico.

Exposición “O Camiño Ilustrado”. do 14 de decembro ao 15 de xaneiro. En colaboración con A Banca. Local Social da Madalena.

17 de decembro: Concerto Coro Infantil “Jovens Cantores Guimarães”. Organiza Asociación de Amigos do Museo Etnolóxico e do Conxunto do Casco Histórico. Igrexa de San francisco ás 19:00 horas.

17-18 de decembro: Mercadiño de Nadal de Establecementos Asociados do Riberio. Na Alameda.

22 de decembro: Concerto de Nadal Do Conservatorio Profesional e Escola de Música. Auditorio Manuel María ás 20.00 horas.

23 de decembro: Concerto do Coro de Cámara Club Artístico e Coro Val do Avia de Leiro. San Xoán. Ás 19:30 horas.

Concurso de Decoración de Nadal: do 24 de decembro ao 6 de xaneiro.

24 de decembro: O Apalpador e Papá Noel visitarán Ribadavia e recibirán aos máis pequenos nas súas casiñas.

30 de decembro. Cine para toda a familia na Casa a Cultura.  Ás 17:00 horas.

5 de xaneiro: Cabalgata de Reis. Saída desde o Instituto ás 18:00 horas.

7 de xaneiro: concerto de A Lira de Ribadavia. Na casa da Cultura ás 18:00 horas.
Carrusel gratuíto en Ribadavia:A programación inclúe un carrusel instalado na Alameda de Ribadavia que é gratuíto para todos os nenos e nenas que acudan a nosa vila.