Tres mil profesionais utilizaron o Pazo de Deportes como centro de apoio a transportistas e persoal esencial na loita contra o COVID-19

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Éxito da medida posta en marcha pola Deputación de Ourense, que ofrece na maior instalación deportiva da provincia servizos para hixiene, cátering e descanso, que os usuarios valoran moi positivamente

Policía Local (21 %), Garda Civil (14 %), e sanitarios e persoal de recollida de residuos (12 % cada un), son os sectores profesionais que máis fixeron uso destas infraestruturas nun mes

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Tres mil profesionais utilizaron nun mes as instalacións do Pazo de Deportes “Paco Paz” da Deputación de Ourense como centro de apoio a transportistas e persoal esencial na loita contra o COVID-19. Todos eles valoraron moi positivamente esta medida de apoio que o goberno provincial ha posto en marcha para axudar ao persoal implicado na prestación de servizos esenciais, ofrecéndolles servizos de hixiene, cátering e descanso, “o que se traduce nunha exitosa acción de colaboración con quen está dándoo todo, profesional e persoalmente, nesta pandemia na provincia de Ourense, e a Deputación quere dispoñer os medios posibles para facilitarlles ao máximo o seu labor”, expresa o presidente do goberno provincial Manuel Baltar, quen agradece a todos os colectivos “o seu traballo esencial nesta crise sanitaria, pola entrega e profesionalidade coas que están a actuar”.

Baltar destaca que o maior recinto deportivo da provincia de Ourense “púxose ao dispor dos profesionais do transporte e do persoal implicado na prestación de servizos esenciais, con servizos de hixiene, descanso e cátering, este último ofrecido pola asociación de ámbito social “ Aixiña”, a cargo da Deputación de Ourense”. Trátase dunha medida integrada nas iniciativas que desenvolve a Deputación na súa loita contra a pandemia e que ten como obxectivo “ofrecer un lugar destinado á hixiene persoal, así como ao descanso e manutención básica, para estes profesionais que están a dar o mellor en favor da cidadanía no momento máis duro da crise do Covid-19”, valora Manuel Baltar.

Os sectores profesionais que máis utilizaron as instalacións do “Paco Paz” durante este mes foron: Policía Local (21 %), Garda Civil (14 %), sanitarios e persoal de recollida de residuos (12 % cada un), Policía Nacional e Protección Civil (11 % cada un), transportistas (9 %), Policía Autonómica (6 %), e medios de comunicación e bombeiros (4 %).

O presidente Baltar confirmou que as instalacións continuarán abertas e dispoñibles para esta actividade durante o tempo que dure o estado de alarma, manténdose o horario de 6 da mañá a 11 da noite, ininterrompidamente. O acceso seguirá realizándose igualmente pola zona norte do pavillón principal, fronte á parada do autobús urbano, pola entrada de deportistas. E no que se refire á atención e custodia da zona, realízanse por quendas por parte do persoal de Pazo de Deportes, coas debidas medidas de protección.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------