Avanzan a bo ritmo as actuacións no barrio de Flores e comezan as do entorno da Alameda

O concello do Carballiño comezou esta mañá a cometer as obras de mellora no entorno do parque da Alameda. Nos últimos meses, a causa do tráfico de que obras que se realizaron nesta ubicación, varias lousas deste camiño que rodea o parque infantil quedaron levantadas. Deste xeito, primeiro preparouse a zona para colocar o lousado novo. O alcalde tamén se referiu a intención de poñer en marcha, de xeito progresivo, as cámaras de vixilancia para disuadir á circulación.

Ademais destas obras, tamén no centro, no barrio de Flores, están avanzando a bo ritmo as melloras comezadas a pasada semana. Trátase da primeira intervención contemplada dentro do plan de rehabilitación para esta zona. O primeiro paso é a reforma da rúa Mirto e o seu entorno, cunha inversión de preto de 100.000 euros, contando ca colaboración da Xunta de Galicia ca aportación do 70% do total.

AVANTAR ACTIVIDADES

O alcalde, Francisco Fumega, animou a toda a veciñanza a que solicite as axudas que ten en marcha a Xunta de Galicia para a rehabilitación de vivendas e de fachadas, algo propicio sobre todo neste barrio para a humanización das casas.