O ámbito de instalación da fibra óptica que se está a executar nestes días será o casco urbán do Carballiño e asegura a empresa que nos próximos 30 días xa se poderá contratar.
A obra consiste na instalación do tramo de distribución dunha rede neutra de fibra óptica ata o fogar, con tecnoloxía totalmente pasiva. As actuacións contan cun presuposto de 35.146 euros e precisaron a autorización por parte do concello para a súa instalación.
As actuacións realízanse tendendo os cables de fibra óptica polo interior das canalizacións existentes, colocando as caixas de emplame e termináis, utilizando as infraestruturas xa existentes. No caso de que o despliegue requira de novas canalizacións en pequenos tramos, deberán solicitar a licencia urbanística pertinente.
