Núñez Feijóo e Baltar repasan os compromisos de colaboración para o próximo ano

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, reúnese co presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar. Edificio Administrativo de San Caetano (Santiago de Compostela 16/12/20.

Feijóo destacou o acordo coa Deputación de Ourense en materia de abastecemento e saneamento que será remitido ao Parlamento no primeiro semestre de 2021, co obxectivo de axudar aos concellos que teñen competencia exclusiva neste eido.

Outro dos temas abordados foi a proposta de mellora de atención ás emerxencias na provincia, coa creación de dous GES e o investimento de 12 M€ no novo Centro integral de loita contra o lume en Toén, no lugar onde se atopa o antigo hospital psiquiátrico.

AVANTAR ACTIVIDADES

Feijóo e Baltar avaliaron a evolución das infraestruturas deportivas na provincia, ca ampliación do club náutico de Castrelo de Miño e construción neste lugar dun campo de regatas.

No eido sanitario, o presidente do Goberno galego reiterou o compromiso da Xunta coa Sanidade Pública, con melloras nos hospitais de Ourense, de Verín e do Barco, e coa construción ou renovación de sete centros de saúde na provincia. Feijóo confirmou tamén a intención de construír un novo Centro Integral de Saúde na cidade de Ourense, e comprometeu un novo centro de saúde na Rúa, así como as reformas dos centros da Arnoia, Ribadavia e Castro Caldelas.