Os alumnos de 1º e 3º da ESO recibirán mañá o obradoiro “A revolución teenager” da man do equipo “Pupas, sustos e outros desgustos”. Estará impartido por Verónica Civeira, enfermeira supervisora da área de crónicos; Melania Fraga, especialista en enfermeiría comunitaria; Vanesa Santana, enfermeira en pediatría; Lorena Fariñas, residente en obstetricia e xinecoloxía e a enfermeira Lucía Bruquet.

Neste caso, o obradoiro está destinado ós adolescentes, cun módulo orientado na educación sexual, outro en comunicación, emocións e igualdades e, por último, en prevención de conductas de risco. O equipo de “Pupas, sustos e outros desgustos” xa é coñecido por obradoiros de primeiros auxilios en colexios e polos vídeos de consellos para os máis pequenos nesta pandemia.