A Deputación de Ourense colabora co 34º Festival do Teatro Galego do Carballiño

César Fernández Gil (Vicepresiente da Deputación Ourense) participa na presentación do Festival do Teatro Galego - FETEGA que se desenrolará no Carballiño os próximos 13, 14, 15 e 16 de decembro. Tamén participan Diego Fernández Nogueira (Tenente de alcalde do Carballiño) e Carlos Ledo (Director do Festival).
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Deputación de Ourense colabora coa 34ª edición do Festival do Teatro Galego (Fetega) que se celebrará do 13 ao 16 de decembro no Auditorio municipal do Carballiño. O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, coñeceu hoxe, no Pazo Provincial, os detalles desta nova edición da man do director do Fetega, Carlos Ledo e do concelleiro de Cultura do Carballiño, Diego Fernández. 

O Festival comezará o mércores 13 de decembro ás 11.30 horas co espectáculo infantil de Barafunda “Antón un neno diferente”. Ao día seguinte, a programación retomarase ás 20.30 horas con Redrum Teatro e o seu espectáculo “O pequeno poni”. O venres, 15 de decembro, será a quenda para Teatro do Noroeste con “As damas de Ferrol”, ás 20.30 horas. O Festival rematará o sábado, 16 de decembro, coa obra “Testosterona” de Malasombra, ás 20.30 horas. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

As entradas xa poden adquirirse desde hoxe a través de ataquilla.com por un prezo de 8 euros por espectáculo, ou o bono de 20 euros que inclúe a entrada para as tres obras. 

Para máis información: festivaldoteatrogalego.com.