A JUPLP lamenta a falta de compromiso coa proposta de actualización do PGNLG e considera un intento de maquillaxe das medidas regresivas contra a lingua galega.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A pesar de que incluíu propostas realizadas pola entidade, a Juventude Unida dos País de Língua Portuguesa (JUPLP) denuncia que non se concretaron os prazos de execución, os beneficiarios, ou sequera como van ser executadas.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

En xaneiro de 2025, a JUPLP enviou unha carta aberta ás comisións de traballo da renovación do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNLG), denunciando a ausencia de representación da xente nova no proceso. Como resultado desta interacción, acordouse unha reunión entre membros da JUPLP e representantes do equipo de traballo do Plan, propondo unha serie de medidas concretas fundamentais para a internacionalización do galego. Algunhas destas medidas foron contempladas na proposta Xunta, pero esta carece de planificación para a súa execución.

As propostas formuladas inicialmente inclúen a creación dun bono cultural lusófono , a dispoñibilidade de libros en portugués e máis contidos de entretemento xuvenil para as masas radicadas en Galiza, complementados con máis versións en portugués ou brasileiras.

Neste sentido, a proposta da Xunta inclúe unha tarxeta para que os habitantes da Eurorrexión (especialmente as Eurocidades ou a zona transfronteiriza) poidan usar os servizos culturais e deportivos a ambos os dous lados da praia (bibliotecas, teatros, museos, centros de interpretación…) ; Aumentar os fondos de bibliotecas públicas e autores en lingua portuguesa, nomeadamente na oferta dirixida ao público infantil e xuvenil ; Favorecer o acceso a recursos científicos relevantes no ámbito lusófono, aproveitando a afinidade lingüística e diversas medidas para ampliar e consolidar a oferta de produtos en galego destinados ao público xuvenil.

A asociación xuvenil considera positivas as medidas, ao tempo que se pregunta cando serán executadas, que forma acabarán tomadno — especialmente as que aínda non están concretadas — e como será o diálogo con entidades estranxeiras, nomeadamente os gobernos lusófonos e a CPLP, para as medidas que o contemplan. Manifesta unha gran preocupación por saber que se fará un traballo eficaz despois de facer grandes promesas.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Como resultado destas inquedanzas, a JUPLP integra o proceso social Língua Vital, coordinado por Queremos Galego, e que presentará unha Iniciativa Lexislativa Popular no próximo mes de setembro.

A JUPLP naceu en 2020 co obxectivo de tender pontes de comunicación entre países e territorios lusófonos. En Galiza ten relacións con entidades como o diario Norte a Sul, AGAL, Academia Galega de Lingua Portuguesa ou IGADI.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------