Boborás volve a rexistrar contaxios, con dous novos casos e Cea sobe ata os 22

O Concello do Carballiño baixa un caso, dos 6 activos de onte ós 5 de hoxe. Esta semana os casos mantivéronse estables con apenas algunha variación dun caso. Esta fin de semana subiuse dos 5 ós 7 casos. A comarca sobe os casos, sumando un total de 36.

O foco preocupante establécese na residencia da Virxe da Saleta, en San Cristovo de Cea, cun brote que se iniciou o pasado venres e que a día de hoxe ascende ata os 22 casos, 2 máis ca na xornada de onte. Neste caso trátase do segundo brote importante nesta segunda ola. O primeiro rexistrouse no mes de outubro con 9 contaxiados e que se cobrou a vida dunha residente de 99 anos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Beariz baixou un caso, dos 7 ós 6 contaxiados, despois de preocupar chegando ós 37 casos. A maioría de estes casos proveñen da Residencia San Antonio, que ten tanto residentes coma traballadores contaxiados. Nos últimos días nesta residencia rexistráronse seis falecementos.

O resto de concellos mantéñense estables. Boborás incrementou dos casos nesta xornada, despois de varios días estando libre do covid. Piñor conta cun caso activo. Os demais concellos, Maside, O Irixo, Punxín e San Amaro están libres de coronavirus.