O cinema rodado na provincia de Ourense lidera as nominacións aos Mestre Mateo

Ás 12.00 horas: Presentación do inicio da rodaxe de "Cuñados".- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o director xeral de Portocabo, Alfonso Blanco "Fosco"; o director do filme, Toño López; o director de AGADIC, Jacobo Sutil, xunto con actores e actrices do filme como Xosé Antonio Touriñán, Miguel de Lira, Federico Pérez, Eva Fernández, Iolanda Muños e María ázquez, presentarán o inicio da rodaxe de "Cuñados", a nova longametraxe de Portocabo. O acto terá lugar na terraza do Liceo de Ourense.
IES CHAMOSO LAMAS

“Cuñados” (16 nominacións, o récord desta vixésima edición), “Malencolía” (11) e “Eles transportan a morte” (6) suman 33 candidaturas aos premios da Academia Galega do Audiovisual. Os tres filmes contaron co apoio da Deputación de Ourense e teñen á provincia coma un dos seus protagonistas, con localizacións na cidade, O Ribeiro, O Carballiño ou A Baixa Limia 

O cinema rodado na provincia de Ourense converteuse nun dos protagonistas do acto, celebrado esta mañá, no que se desvelaron os filmes nominados para a XX edición dos Premios Mestre Mateo. Os galardóns da Academia Galega do Audiovisual suman 33 nominacións de películas rodadas na provincia de Ourense e co apoio da Deputación de Ourense: “Cuñados” é a película máis seleccionada polos académicos con 16 candidaturas; “Malencolía” recibiu 11 nominacións e “Eles transportan a morte”, outras 6.  

OZOCOgz Deseño Galego

“Cuñados” recibiu 16 nominacións -o récord desta vixésima edición- para sinalarse nesta primeira ronda de votacións dos académicos como a gran favorita para a gala de entrega de premios, que se celebrará o 19 de marzo en A Coruña. Protagonizada por Touriñán, Miguel de Lira e Federico Pérez -os tres nominados a mellor interpretación masculina protagonista- xunto a Iolanda Muíños, María Vázquez e Eva Fernández -estas dous últimas, nominadas a mellor actriz de reparto-, xa é a gran comedia galega. Rodada integramente na provincia de Ourense, con escenas no Ribeiro ou na cidade, supuxo o salto á longametraxe do ourensán Toño López, despois de rodar series como “Auga Seca”. Entre as 16 nominacións, está seleccionada para mellor película xunto a “Malencolía”.  

“Malencolía” sitúase, tras “Cuñados”, como o filme con máis candidaturas (11) aos Mestre Mateo. Dirixida por Alfonso Zarauza -nominado a mellor director-, tamén foi rodada completamente en Ourense co apoio da Deputación, en localizacións de Boborás, O Irixo ou O Carballiño. “Malencolía” é un filme de terror protagonizado por Melania Cruz e Xúlio Abonjo, coa participación de actores coma Diego Anido -candidato xunto ao seu compañeiro Ricardo Barreiro a mellor actor de reparto-, Ledicia Sola -nominada a mellor actriz de reparto- ou Tito Asorey. Foi estreada na pasada edición do OUFF e recibiu o premio Xacobeo, precisamente compartido con “Eles transportan a morte”, outra película rodada en Ourense co apoio da Deputación. Este filme de Helena Girón e Samuel M. Delgado suma seis nominacións: dividida entre Galicia e Canarias, a parte galega de “Eles transportan a morte” foi rodada na provincia, con localizacións en Bande, Muíños, Entrimo, Lobios ou Avión; e ten nominacións a mellor música orixinal, mellor vestiario ou maquillaxe e perruquería. 

Os froitos de apostar a Deputación por converter a Ourense nun gran estudio de cinema 

O cinema rodado na provincia alcanza deste xeito outro fito na selección para os Mestre Mateo, amosando en paralelo os froitos do traballo da Deputación para transformar Ourense nun gran estudio de cinema. Esta vontade de goberno exemplifícase na blindaxe da Festival de Cinema de Ourense ou na alianza coa Academia Galega do Audiovisual, que frutificará este ano nun ciclo que levará o cinema galego actual por toda a provincia, con proxeccións gratuítas, e que en 2023 converterá a Ourense na sé dos premios Mestre Mateo. E o compromiso da Deputación co cinema continuará coa futura Ourense Film Comission ou a través de rodaxes xa anunciadas coma a nova película de Jaime Chávarri, “La manzana de oro”, que se rodará nas vindeiras semanas de xeito íntegro en Ourense.