O cine club proxecta este venres o filme “Otra ronda”

Este venres día 1 o Cine Club comeza o mes de outubro coa proxección dunha das películas que quedaron pendentes do ano pasado, para moitos críticos e parte do público, a mellor. Trátase da produción danesa “Otra ronda (Druk)”, dirixida por Thomas Winterberg e protagonizada por Mad Mikkelsen. O filme obtivo numerosos premios e recoñecementos: Oscar 2021 á Mellor película Internacional, mellor película de fala non inglesa nos BAFTA, mellor actor para Mikkelsen no Festival de San Sebastián e Mellor dirección , película, actor e guión nos pasados Premios do Cine Europeo.