Cine Club Carballiño reanuda as súas proxeccións habituais mañá, venres 20 de novembro, co último filme do galego Ángel Santos, “Así chegou a noite”, co que acadou o premio ao mellor director no Festival de Xixón. Un escultor establece o seu obradoiro nunha apartada zona da costa galega. Pouco a pouco irá illándose do seu entorno, cortando todo contacto con amigos e familiares.
Cando unha antiga amante acode ao seu encontro, provoca unha reflexión no escultor sobre o seu desexo de illamento e a necesidade dunha nova fuxida. Unha fermosa e poética reflexión sobre o acto de desaparecer, nestes tempos de hiperconectividade.
Os pases será ás 20,00 e ás 22,30 horas no Auditorio Manuel María do Carballiño.

















