O concello, en consonancia coas restricións impostas por esta situación, así como a limitación de movemento fóra dos municipios do Carballiño, Boborás e O Irixo, adopta esta decisión como unha medida preventiva para evitar calquera tipo de concentración na vila que puidera provocar novos contaxios.
Por isto, suspéndese toda a actividade vencellada coa feira, non permitíndose polo tanto a instalación de postos de venda ambulante nas rúas.
Así mesmo, agárdase que todas as medidas tomadas contribúan a mellorar a situación e permitan desenvolver as feiras seguintes con normalidade.