Beade, único concello galego en nivel máximo de restricións

Beade é o segundo concello con máis casos da comarca do Ribeiro. Pasou de non ter ningún caso a rexistrar tres o pasado sábado e subir esta semana ata os 7 casos activos. Esta evolución fixo que o SERGAS tomase a decisión de convocar un cribado a través de proba PCR entre 150 veciños entre os 18 e os 74 anos. Esta cita foi durante esta tarde, no centro de saúde. A incidencia que presenta este concello supera os 500 casos por cen mil habitantes, o que fixo que o comité clínico os puxera en nivel máximo de restricións como único concello de Galicia. Isto supón o peche perimetral, a hostalaría pechada salvo servizo para levar e a prohibición das reunións entre non conviventes.  

Publicidade

Maside baixa ós 6 casos, dous menos ca onte, establecendo unha tendencia á baixa. Acompañando este descenso, Maside pasa o nivel alto, o que supón a reapertura da hostalaría  son en terrazas co 50% de aforo, peche as 21:00 horas, mobilidade entre concellos e reunións de máximo catro persoas en interiores de espazos públicos e seis en exteriores.