A Asociación en Defensa do Asilo instalará unha carpa informativa o sábado na Praza Maior

A Asociación en Defensa do Asilo ven de cumprir un ano dende a súa creación. Agora, queren informar á cidadanía da situación actual, para o que instalarán unha carpa na Praza Maior este vindeiro sábado, dende as 10:00 horas ata as 14:00 horas.

Dende a Asociación, queren información clara sobre a marcha das monxas e tamén queren saber a opinión e postura dos candidatos á alcaldía, que pasaría a formar parte do padroado nas vindeiras eleccións.

AVANTAR ACTIVIDADES