Rueda di que o PPdeG avanza unido para ofrecer un proxecto de goberno que o avale para obter a quinta maioría

• Pide aos seus compañeiros que estean ao seu carón para que a organización siga triunfando, recordando que as prioridades dos populares son as mesmas que as de Galicia

• Mentres a oposición continúa xogando á contra, afirma que a súa formación será “a do si” a unha política eficaz que busca solucións e non replica o espectáculo diario do Executivo central 

AVANTAR ACTIVIDADES

O candidato á Presidencia do PPdeG, Alfonso Rueda, afirmou que o seu partido, coa suma de todos, avanza para ser aínda máis útil aos galegos e poder ofrecerlles un proxecto de goberno que avale aos populares para obter unha quinta maioría absoluta. Así o manifestaba na Xunta Directiva do PP de Ourense, na que estivo acompañado polo presidente provincial, Manuel Baltar.

Segundo expresou, a organización ten un camiño por diante que fará unido, con ideas, con ilusión e mirando cara adiante, pois non vai haber un PPdeG inmóbil ou á expectativa. Nese senso, recalcou que queda moito por conseguir e que só se acadarán os obxectivos se todos se poñen desde xa en marcha: “Galicia espera o mellor de nós e eu necesito o mellor de vós para alcanzar a quinta maioría. Imos facer este traxecto xuntos”.

Á ALTURA DO MOMENTO

O candidato tamén subliñou que a fortaleza dos partidos mídese en momentos como o que están a vivir os populares, poñendo en valor a unidade e a solvencia demostrada polo PPdeG, unha evidencia para todos, incluso para a oposición.

Igualmente, recoñeceu que el nunca daría o paso de presentarse a presidir a organización se non sentise desde o primeiro momento o cariño dos seus compañeiros, aos que nunca lles pediría a súa confianza se non soubera que nesta nova etapa todos serán importantes. Sobre isto, explicou que é necesario que todos dean un paso adiante e que estean ao seu carón para que o partido siga triunfando, incidindo na importancia da unidade, da estabilidade e de ter claro que só se deben aos galegos: “As prioridades do PP e as de Galicia non van por camiños separados”.

UN PARTIDO EN POSITIVO

Rueda recordou na súa intervención que en menos dunha semana pedirá á Cámara galega a súa confianza para ser investido presidente da Xunta, algo para o que a oposición xa avanzou o seu non sen nin sequera escoitar ningunha proposta.

Como sinalou, o BNG e o PSdeG volven demostrar que non cambian logo de moitos anos xogando á contra, cun único proxecto que consiste en que o PP non acerte, tras ser incapaces de dicir non ás políticas de Pedro Sánchez que prexudican a Galicia, cun programa que non cambiou en décadas, rexeitando o camiño da xestión para poder facer política de consigna e limitándose a seguir ao Goberno central ou a secundar ao separatismo. Ante a actitude da oposición, o candidato asegurou que os populares teñen que seguir pola súa senda. “Imos ser os do si”, salientou mentres apuntaba que o seu partido dirá si a continuar unha traxectoria nun goberno que funciona; a novas ideas, proxectos e persoas que veñen a mellorar o camiño percorrido ata o momento; a ensanchar a formación nunha nova etapa na que todos son necesarios; á solvencia