A Comisión do Transporte Metropolitano avanza coa “máxima vontade” de acadar unha solución “a unha demanda histórica á que non queremos fallar”, valora Luis Menor

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Na reunión desta mañá con responsables municipais dos concellos da área metropolitana de Ourense, quedou de manifesto que o proceso de adxudicación do Servizo de Transporte no Concello da cidade non debería supoñer impedimento algún para seguir traballando sobre as liñas e frecuencias concretas, para valorar o seu custe e acadar a negociación da Xunta coas empresas

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

“O resumo é positivo porque o traballo feito ata o de agora vale”, recalca o presidente provincial, quen lembra que “desde a Deputación, ademáis de impulsar esta comisión, poñemos a disposición todos os medios técnicos ao noso alcance e o compromiso económico que sexa preciso para que este proxecto sexa unha realidade”

Ourense, 10 de abril de 2025.

Nova reunión da Comisión do Transporte Metropolitano que convoca e preside a Deputación á que asistiron representantes dos concellos de Amoeiro, Barbadás, Cenlle, Coles, Ourense, Paderne de Allariz, Pereiro de Aguiar, Taboadela, A Peroxa, Punxín, San Cibrao das Viñas, Toén, Vilamarín, Esgos e Nogueira de Ramuín, consolidou un novo avance no que supón unha demanda histórica para a cidade e os concellos da área metropolitana, onde se concentra a metade da poboación da provincia.

O encontro desta mañá centrouse en analizar os traballos para a posibilidade de implantación dunha primeira fase “real e rápida”, cunha extensión de 3 quilómetros nas liñas actuais. Sobre o mapa xa elaborado, analizouse polo miúdo a situación da licitación do servizo no Concello de Ourense. Este punto foi aclarado polos representantes municipais do Concello da cidade, ao considerar que coa actual adxudicataria habería marxe suficiente para acometer esta extensión, algo que foi recibido  positivamente polo resto de integrantes da comisión.

Así, o seguinte paso foi acordado por unanimidade, e consistiu en  establecer unha simulación destas frecuencias, algo que farán os técnicos do concello da cidade, para analizar o custe destas liñas e poder dar paso a que a Xunta procesa a negociar o que afecta ao contrato de transporte no que atinxe a creación ou supresión de paradas.

Traballo válido

“O resumo é positivo porque o traballo feito ata o de agora vale”, analiza Luis Menor. Tal e como quedou de manifesto na reunión e explica o presidente da Deputación, en principio non hai problema co proceso de adxudicación do Concello de Ourense, o cal non debería ser impedimento para seguir traballando sobre as liñas e frecuencias concretas para valorar o seu custe e lograr a negociación da Xunta coas empresas.

“Sabemos que é un traballo complexo pero queremos facelo o máis rápido posible, pois todos os integrantes da Comisión temos a máxima vontade de rematar favorablemente con esta demanda histórica á que non queremos fallar”, sinala o presidente provincial, quen lembra tamén que “desde a Deputación, ademais de impulsar esta comisión, poñemos a disposición todos os medios técnicos ao noso alcance e o compromiso económico que sexa preciso para que este proxecto sexa unha realidade”.