Espazo Común: ” o alcalde debe deixar a vida contemplativa na crise do covid “

O alcalde debe deixar a vida contemplativa na crise do covid. toca pedir á xunta a reducción das restriccións que sofre o carballiño

Coma en todos e cada un dos momentos desta difícil crise, o goberno local vai dez ou doce pasos por detrás da realidade e das necesidades do pobo.

AVANTAR ACTIVIDADES

Hai arredor dun mes e ante as escalofríantes cifras de contaxios que presentaba o concello do Carballiño, a Xunta de Galicia optou por intervir o municipio e adoptar as medidas coercitivas máis severas de toda España.

O dato de 188 positivos activos a un tempo, que arroxaba un índice de contaxio por habitante de 1.340 x 100.000 e a inoperancia do goberno local, fixo que se nos impuxeran antes ca a ninguén situacións coma o peche case total da hostalaría ou o peche perimetral para tentar rebaixar eses datos.

Se naquel momento sí semellaba necesaria a toma de decisións deste tipo, tamén consideramos que agora, despois dun mes padecendo as consecuencias das mesmas e ante o positivo dos resultados, toca que a Xunta levante un pouco o pé do pescozo dos pequenos negocios carballiñeses co relaxamento do castigo.

Non pode ser que a Xunta nos tome por cobaias humanas e experimente tódalas súas teorías no Carballiño.

A día de hoxe, a cifra reduciuse a 29 positivos e no semáforo que a propia Xunta de Galicia emprega coma termometro para medir a evolución dos concellos, estamos no nivel verde. O máis baixo de todos.

Sen embargo, asistimos con estupor ao feito de que outros lugares nun estadío bastante peor ca o noso actual, non sofren estas limitacións nas actividades diarias do seus cidadáns, especialmente na mobilidade ou no sector hostaleiro.

Dende Espazo Común, pregamoslle ao alcalde Fumega que deixe de ser un mero espectador en todo esto e comece a defender os intereses dos cidadáns aos que supostamente representa.

Hai que demandarlle á Xunta con urxencia unha reducción das medidas impostas para dar osíxeno a comerciantes, hostaleiros e outros moitos sectores que están a sufrir as consecuencias da situación actual.

Por suposto, tamén se deberían pedir os medios suficientes para que dende o Cocnello se garantan os mecanismos de control necesarios para que se cumplan estrictamente as medidas que queden despois.

Sería desexable e moi aconsellable un moito maior grao de responsabilidade dos gobernantes locais ca o amosado ata o de agora para non perder o terreo gañado e ter que voltar atrás.

.