O concello acenderá mañá, 1 de decembro, o alumeado de Nadal

O concello do Carballiño acenderá mañá de xeito oficial o alumeado de Nadal, instalado xa nas últimas semanas. Como cada ano, a iluminación de rúa pretende ser un elemento dinamizador, sobre todo despois da época de pandemia, e co obxectivo tamén de potenciar o comercio local.

A programación cultural para este Nadal aínda está por determinar. Dende o concello aseguran que está pensada para todos os públicos, aínda que está sufrindo cambios, dada a evolución á alza dos contaxios da covid dos últimos días, que fan que non se poida concretar o que se poderá levar a cabo.  

Algunhas iniciativas non mudarán, como será o concurso de escaparates de Nadal entre os comercios, intentando tamén que o espírito anime a situación actual tanto anímica coma económica.

PUBLICIDADE ELECTORAL