Os contaxios de covid impiden a celebración dos partidos desta fin de semana

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Como cada fin de semana, o fútbol será o protagonista na nosa contorna. O C.D. Arenteiro tiña previsto xogar na casa a 18ª xornada de Liga, fronte ó Arosa, pero tivo que ser suspendido a causa de casos covid no equipo contrario.

O Sporting Carballiño tamén tiña previsto xogar fronte ó Meliás, encontro que tamén foi suspendido a causa de contaxios covid. O Atlético Arnoia que tamén tiña previsto xogar fronte o Arzúa, na casa, no campo da Quixeira, quedou aprazado tamén pola covid.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O único equipo que puido xogar foi o Maside, que xogou onte domingo, fronte ó Peroxa, no Outeiro Grande, cun resultado desfavorable, perdendo 2-3.