O voceiro do Psdeg-Psoe de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, anuncia a súa decisión de non continuar como voceiro municipal

Ante a decisión dos órganos da dirección do PSdeG e do PSOE de suspender as primarias na cidade de Ourense, e designar como candidato á alcaldía desta cidade a Francisco Rodríguez, considero oportuno non continuar como voceiro municipal do grupo socialista no concello de Ourense, pois a designación dun novo candidato debe corresponderse coa dun/dunha novo/a portavoz que transmita as súas directrices políticas ao grupo municipal no seo da actual corporación ata que remate o actual mandato e con vistas ás vindeiras municipais.

Como socialista estiven, estou a estaréi ao dispor do partido e da nova portavocía na cidade, coa debida lealdade, compromiso e respecto.

AVANTAR ACTIVIDADES

Quero amosar, finalmente, a miña gratitude polo recoñecemento percibido cara ao traballo feito, e pola confianza e o agarimo depositados na miña persoa ao longo dos anos nos que tiven a honra de ser voceiro do grupo socialista no concello de Ourense.

Como socialista traballei, e seguirei a traballar, na mellora das condicións de vida na nosa terra.

Estou seguro que co esforzo de toda a militancia socialista brindaremos o futuro que a xente de Ourense desexa e merece.

Moitas grazas a todas e a todos vos!

Rafael Rodríguez Villarino.

Militante do PSdeG-PSOE de Ourense.