A andaina do Pan de Cea mantén as inscripcións abertas ata o día 24

A quinta edición da andaina solidaria do Pan de Cea celebrarase este domingo, con dúas opcións de ruta, unha de 20 km e outra de 10 km. Sigue aberto o prazo de inscrición ata o vindeiro xoves, 24 de xuño.

Anuncian que dúas personaxes relevantes nos seus ámbitos profesionais e veciños darán a saída: Marisa Crespo Leiro, recoñecida investigadora e cardióloga e Francisco Noguerol Freijedo, exfutbolista profesional e adestrador nacional.

Ademais, tamén está aberto o prazo de rexistro para participar na 7 Edición da Ruta dos Fornos, outra das actividades que se celebrarán aínda que non haxa a tradicional Festa do Pan. Este evento contará con algunhas novidades pola situación sanitaria.


VIDEO SPOT San Cristovo de CEA en BADAL TV