O noso grupo defendeu en solitario na pasada lexislatura a súa creación na rúa Progreso, que agora é apoiada por unanimidade.
Os beneficios que orixinou nesta zona son tamén demandados polos negocios da rúa Ribeiro, moitos solicitan a súa creación tras o bo funcionamento da instaurada na lexislatura anterior.
Ribadavia a 7 de marzo 2024.
Consideramos que a convocatoria da Comisión de tráfico que tuvo lugar hoxe chega moi tarde, e na mesma fixemos as seguintes peticións por escrito:
1º. Control horario das zonas reguladas: zona verde reservado para residentes, e zona azul de horario regulado. Control e vixilancia da zona monumental.
Asuntos respecto aos cales temos constancia de queixas veciñais.
– Se resolvan as solicitudes de tarxetas de estacionamento presentadas no rexistro municipal.
2º. Se amplíe a zona azul, que o anterior goberno estableceu na rúa Progreso, a outras zonas: Zona rúa Ribeiro e Travesía Ribeiro.
3º. Se regrese a gratuidade de 2 horas no aparcadoiro municipal. Volvemos solicitar a rectificación do goberno local.
4º. Se busque alternativa a carga de vehículos eléctricos instalada na anterior lexislatura na rúa Progreso.
5º. Se busque financiamento da Deputación e Xunta para o arranxo das estradas locais urbanas, continuando coa mellora feita na anterior lexislatura na rúa Veronza e Ribeiro, e se reclame a XUNTA que arranxe as súas estradas que pasan polo noso municipio, comezando pola rúa Progreso.
6º. Arranxo e solución ao mal estado da estrada local que une a rúa do CONSELLO COA QUINZA (Estrada Pavillón – Gasolineira).
7º. Arranxo aparcadoiro aberto da rúa do Carballiño.
8º. Reforzo da seguridade vial nas estradas que atravesan núcleos urbanos de Francelos, San Paio e San Cristovo, onde o tránsito de vehículos é importante. Tamén na travesía de San Lázaro, camiño das Termas de Prexigueiro, de titularidade municipal.
Por último, recordamos que a Estrada a Filgueira, da Xunta continúa sen pintar (desde o mes de outubro), xa que só se sinalaron os paseos de peóns tras a reclamación de Ribeiro en Común o pasado mes.