Carballeda recolecta tapóns de plástico destinados á Fundación SEUR

O alcalde do concello de Carballeda de Avia amosou a súa gratitude cos veciños do municipio na recolección de tapóns de plástico nun recipiente con forma de corazón que teñen ubicado
fronte á casa do concello. Levan xa tempo con esta iniciativa de recolecta, na que colaboran ca Fundación SEUR, da compañía de transportes que leva este nome. “Tapones para una nueva vida” é unha iniciativa que puxeron en marcha no ano 2011 e que ten a finalidade de facilitar o acceso a tratamentos médicos e ortopédicos non cubertos pola Seguridade Social para os nenos menores de 16 anos con enfermidades graves. Ata o de agora conseguiron axudar a 171 nenos cos seus tratamentos, cunha aportación económica que ronda o millón 22 mil euros.