Ourense, plató da primeira longametraxe de ficción da produtora Portocabo, “Cuñados”

Ás 12.00 horas: Presentación do inicio da rodaxe de "Cuñados".- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o director xeral de Portocabo, Alfonso Blanco "Fosco"; o director do filme, Toño López; o director de AGADIC, Jacobo Sutil, xunto con actores e actrices do filme como Xosé Antonio Touriñán, Miguel de Lira, Federico Pérez, Eva Fernández, Iolanda Muños e María ázquez, presentarán o inicio da rodaxe de "Cuñados", a nova longametraxe de Portocabo. O acto terá lugar na terraza do Liceo de Ourense.

Manuel Baltar participou hoxe, no Liceo, na presentación do inicio da rodaxe desta comedia costumbrista e familiar que xirará arredor das peripecias criminais de tres cuñados unidos polo azar e embarcados nun plan disparatado 

O filme estará protagonizado polos actores: Xosé A. Touriñán, Miguel de Lira e Fede Pérez, acompañados, entre outros, polas actrices: Iolanda Muíños, Eva Fernández e María Vázquez

AVANTAR ACTIVIDADES

“Cuñados”, que comezará a rodarse o vindeiro luns e estrearase nos cines no primeiro trimestre do 2021, forma parte do grupo de películas seleccionadas na segunda mesa de valoración de cine de RTVE para este ano

“Cuñados”, a primeira longametraxe de ficción da produtora Portocabo, comezará a rodarse o vindeiro luns, 17 de agosto, en Ourense, o escenario escollido para rodar integramente esta comedia costumbrista e familiar que xirará arredor das peripecias criminais de tres cuñados unidos polo azar e embarcados nun plan disparatado. A presentación do inicio da rodaxe do filme tivo lugar hoxe no Liceo de Ourense, acto no que participou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o director xeral de Portocabo, Alfonso Blanco “Fosco”; o director do filme, Toño López; o director de AGADIC, Jacobo Sutil, xunto con actores e actrices da longametraxe.

Ás 12.00 horas: Presentación do inicio da rodaxe de “Cuñados”.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o director xeral de Portocabo, Alfonso Blanco “Fosco”; o director do filme, Toño López; o director de AGADIC, Jacobo Sutil, xunto con actores e actrices do filme como Xosé Antonio Touriñán, Miguel de Lira, Federico Pérez, Eva Fernández, Iolanda Muños e María ázquez, presentarán o inicio da rodaxe de “Cuñados”, a nova longametraxe de Portocabo. O acto terá lugar na terraza do Liceo de Ourense.

Manuel Baltar destacou a aposta da Deputación de Ourense pola produción audiovisual colaborando con longametraxes como esta, pero tamén con curtas e vídeos musicais, e “continuaremos nesa liña”, sinalou Baltar. Mostra dese compromiso do goberno provincial co audiovisual foi “asumir a organización do OUFF que cumpre 25 anos neste 2020”, lembrou o presidente da Deputación de Ourense, quen salientou que esta alianza co cinema fai que “nestes días se compatibilicen dúas rodaxes importantes en este Ourense plató de cine que continuaremos a potenciar nos vindeiros tempos porque Ourense foi berce do cinema galego e está, neste intre, liderando ese cinema coa rodaxe de “Cuñados”, que comezará estes días, e coa rodaxe de “Live is life” que serán grandes éxitos”.

Pola súa parte, Jacobo Sutil destacou a calidade do equipo e o traballo de Portocabo a nivel galego, español e tamén internacional e fixo especial fincapé en que o filme sexa rodado integramente en galego e referiuse ao elenco do filme dicindo que “este equipo é unha mostra da gran calidade artística que temos en Galicia”.

Ás 12.00 horas: Presentación do inicio da rodaxe de “Cuñados”.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o director xeral de Portocabo, Alfonso Blanco “Fosco”; o director do filme, Toño López; o director de AGADIC, Jacobo Sutil, xunto con actores e actrices do filme como Xosé Antonio Touriñán, Miguel de Lira, Federico Pérez, Eva Fernández, Iolanda Muños e María ázquez, presentarán o inicio da rodaxe de “Cuñados”, a nova longametraxe de Portocabo. O acto terá lugar na terraza do Liceo de Ourense.

O director xeral de Portocabo explicou que “Cuñados” é unha película “con moita ourensanía” que se enmarca na liña dos traballos que fai Portocabo onde “o entorno nos que suceden importan moito” e asegurou que esperan que sexa “a gran comedia galega”.

Toño López dixo que era “un pracer facer este traballo aquí, na miña cidade. Faime moita ilusión este traballo que é especial porque temos un guión moi bo de comedia de gran calidade, con actores e un produtor incribles”. Neste mesmo sentido, Eva Fernández tamén se sinte feliz “por facer esta historia tan bonita en Ourense, porque son de aquí. E tamén de poder facela con Toño, con Portocabo e cun equipo de compañeiros e compañeiras marabilloso”. Ademais, Touriñán asegurou que “todos somos apaixonados deste terra” e que é “unha gran idea que nos momentos que corren se aposte pola comedia”.

“Cuñados”, que forma parte do grupo de películas seleccionadas na segunda mesa de valoración de cine de RTVE para este ano, conta coa subvención da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a participación da TVG e a colaboración da Deputación de Ourense. O filme estará protagonizado por tres actores: Xosé A. Touriñán, Miguel de Lira e Fede Pérez, que estarán acompañados, entre outros, polas actrices: Iolanda Muíños, Eva Fernández e María Vázquez.

A longametraxe será rodada integramente nesta cidade e en diversos lugares da provincia. Ao ser esta unha película moi conectada ao espazo no que sucede, o equipo atopou neste territorio de contrastes as localizacións ideais para o proxecto. Nel conviven o rural e o urbano, o moderno e o tradicional e tamén está dotado dunha gran vida social e cultural. Polo tanto, Portocabo volve a escoller a Ourense para rodar algunha das súas ficcións como xa ocorreu con Vidago Palace (Portocabo, Hop!), serie que xa pode verse en HBO Portugal e que chegará proximamente ao catálogo de HBO España.

“Cuñados”, que se estreará nos cines a comezos do 2021, suporá  o salto á longametraxe do ourensán Toño López. Tras dirixir exitosas ficcións seriadas internacionais como Miracle Tunes (Portocabo, ShowLab, Blasteem, Mediaset, Kamca Group) ou Auga Seca (Portocabo, Sp-i), López asume nesta ocasión a dirección desta gran comedia galega. Nas súas palabras, “esta é unha comedia de case criminais, alegre, alborotada e vitalista para todos os públicos que basea o seu humor en facer leña das miserias humanas cun toque de tenrura e compaixón, e que tal vez nos sirva tamén para ver as nosas propias miserias e torpezas con máis sentido do humor”.

Ao fronte do resto do equipo técnico atópanse grandes profesionais do noso audiovisual como Alfonso Blanco (produción executiva), Araceli Gonda (guión), Santi Jul (música), Ana Míguez (dirección de produción), Jaime Pérez (dirección de fotografía), Lu Rodríguez (montaxe), Andrea Pozo (dirección artística) e Saturna (vestiario).