Xuntos polo Nadal acolle a 130 persoas maiores soas na Residencia de Tempo Libre

O programa Xuntos polo Nadal, impulsado pola Xunta de Galicia, acolle a 130 prazas na residencia de tempo libre do Carballiño. A estadía estase desenvolvendo entre o 24 de decembro de 2023 e o 7 de xaneiro de 2024. O programa está dirixido a persoas que cumpran 60 anos, vivan soas nas súas casas e que tamén terían que pasar o Nadal soas.

Hai 15 días de aloxamento en cuartos compartidos, manutención en réxime de pensión completa e participación en actividades de animación sociocultural.

AVANTAR ACTIVIDADES

Este ano, a novidade é que en lugar de ser dúas quendas, os interesados quédanse a quincena completa. Está sendo todo un éxito, ata con lista de espera.