O BNG presenta alegacións as ordenanzas fiscais

O BNG a través da súa portavoz Sofía García presenta alegacións á proposta inicial das ordenanzas fiscais e reguladoras de prezos públicos para o vindeiro exercicio 2020

-Ordenanza N.º14 REGULADORA DA TAXA SOBRE A RECOLLIDA DOMICILIARIA DE LIXO E RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS
Aplicación da bonificación do 10% na cota do lixo pola rebaixa do canon de SOGAMA e devolución do importe equivalente á bonificación do ano 2019 no primeiro recibo que se emita no 2020
-Ordenanza N.º30 REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL
Adaptar a ordenanza e prezo público a nova realidade actual de conciliación das familias

Diferenciación na cantidade a pagar en función de que se asista a nenos/as escolarizados en xornada de mañá e tarde e os escolarizados en xornada continua.

Publicidade Premer na Imaxe

Establecemento de novos horarios pola tarde para atender  as necesidades dos afectados pola xornada  continuada.

No programa Verán Divertido incluír a taxa do servizo de comedor.-Ordenanza N.º 1 REGULADORA DA TAXA POR DOCUMENTOS QUE EXPIDA OU DE QUE ESTENDA A ADMINISTRACIÓN OU AS AUTORIDADES MUNICIPAIS, A INSTANCIA DE PARTE
Se proceda a incluir no punto 2 referente a exencións, reducións e demais beneficios legalmente aplicables 

1º.-Os xubilados (para desconto de teléfono e do bono social da luz)

3º.-Estudantes (solicitudes de Becas)