Ourense, 14 de novembro de 2024.- O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá na inauguración da Carpa Conmemorativa con motivo da celebración do Día Mundial da Diabetes; este ano baixo o lema ‘A Diabetes e o Benestar: para unha mellor vida con Diabetes, miremos máis aló da glucemia’.
Cada 14 de novembro celébrase o Día Mundial da Diabetes; unha oportunidade para xerar conciencia sobre o impacto da diabetes na saúde das persoas e para resaltar as oportunidades para fortalecer a prevención, diagnóstico e tratamento da diabetes.
Con esta campaña búscase que a poboación se conciencie sobre a importancia de saber que é, que implica a enfermidade e os pasos a seguir para mellorar na prevención, o diagnóstico temperán e os tratamentos adecuados.