O cine de Leiro trae o filme “A todo tren, destino Asturias” esta semana

IES CHAMOSO LAMAS

O novo cine de Leiro trae para esta fin de semana e para a semana próxima un filme para toda a familia e con humor. Trátase de “A todo tren destino Asturias”, un filme español deste ano dirixida por Santiago Segura. Un pai e un avó son os encargados de levar a un grupo de nenos a un campamento de verán, e todas as aventuras que vivirán no camiño. Poderase desfrutar dende mañá venres ata o próximo xoves. Na fin de semana, as sesión serán ás 16:00 horas, ás 18:15 horas e ás 20:30 horas; e pola semana, ás 18:15 horas e ás 20:30 horas.