Rosa Fuentes asesora sobre danos producidos polo xabaril

A CONCELLERÍA DE MEDIO RURAL ASESORA SOBRE A SOLICITUDE DE AXUDAS POLOS DANOS PRODUCIDOS POLO XABARIL NAS EXPLOTACIÓNS AGRARIAS OU DE AUTOCONSUMO

A concellería de Medio Rural procede estes días a informar nas parroquias do municipio carballiñés sobre a orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia que establece as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril.

AVANTAR ACTIVIDADES

A orde comprende as indemnizacións para os danos producidos polo xabaril que se comuniquen ata o 10 de outubro de 2020.

Para os danos comunicados entre o 11 de outubro de 2019 e a entrada en vigor desta orde (8 de febreiro de 2020), o prazo de presentación será de 1 mes contado a partir da entrada en vigor desta orde.

É requisito imprescindible que se teña previamente comunicado o dano do xeito e no prazo previsto na orde do 7 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril.

O prazo de presentación da solicitude de axuda será de 1 mes contado dende o día seguinte ao da comunicación do dano ao teléfono 012.

O procedemento de comunicación do ano é o seguinte: mediante chamada ao teléfono 012 no prazo máximo de 72 horas seguintes á produción dos danos en cultivos agrícolas, as peroas físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias e os de autoconsumo deberán poñelo en coñecemento da Consellería de Medio Ambiente mediante unha chamada, no horario hábil, ao teléfono 012, na que se lles facilitará unha clave que servirá para acreditar a chamada e identificar o expediente.

O horario hábil de atención telefónica é dende as 8.00 ata as 20.00 horas de luns a venres, e dende as 8.00 ata as 17.30 os sábados.