A “Asociación bearicense Daniel Prado Lamas” contra o cancro infantil e xuvenil procederá durante ós meses de xullo e agosto a facer unha campaña de captación de socios e de divulgación dos seus fins. Tamén teñen programadas unha serie de actividades para a divulgación dos seus fins.
O fin principal desta Asociación é a loita contra o cancro infantil e xuvenil en todas as posibles modalidades coñecidas ou que no futuro se coñezan, mediante o desenrolo de funcións e actividades de divulgación, de prevención, de investigación, de formación e de carácter sanitario e asistencial.
Para o mellor cumprimento dos seus fins, a Asociación porá en práctica algunhas acción coma as seguintes:
1. Establecemento de relacións con todas aquelas entidades públicas ou privadas que persigan un fin análogo ao que é propio desta asociación.
2. Promoción de campañas de publicidade para divulgar os descubrimentos e os avances científicos que faciliten a acertada prevención e a loita contra o cancro.
3. Realización de campañas de divulgación sobre a necesidade de cooperar na loita contra o cancro e de prestar a este empeño a colaboración persoal e a axuda económica por parte de todos os veciños deste concello e da emigración.
4. Organización de cursos de formación, conferencias, reunións, exposicións e coloquios, así como a utilización dos medios de comunicación en xeral para o desenrolo e a divulgación de cantos coñecementos deben posuír os cidadáns en canto se atén ao risco do cancro, a súa prevención e á loita contra esa enfermidade.
6. Financiación dos medios e obtención dos recursos necesarios para a realización dos obxectivos enunciados nos apartados precedentes, singularmente a través da cooperación económica de particulares e de institucións.
VIDEO SPOT BEARIZ en BADAL TV
