A unidade de atención temperá da Macomunidade recibirá 123.000 euros dunha nove orde de axudas da Xunta de Galicia

A conselleira de Política Social en funcións, Fabiola García, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou a unidade de atención temperá da
mancomunidade O Carballiño-Ribeiro. Estivo acompañada por algúns dos alcaldes dos concellos que o integran.

Hoxe, o Diario Oficial de Galicia publica unha nova convocatoria pola que se porán en marcha dez novos puntos de atención temperá. Ademais, consolidaranse as xa existentes cun investimento que supera os 6 millóns de euros. A do Carballiño- Ribeiro recibirá 123.000 euros de acordo a esta orde, ca finalidade de reforzar o servizo.

AVANTAR ACTIVIDADES

No ano 2009 en Galicia so había dúas unidades de atención temperá, que nos últimos 12 anos se incrementaron ata contar a día de hoxe con 36 unidades, para 167 concellos galegos. O presidente da Macomunidade e alcalde do Irixo, Manuel Cerdeira, deu as grazas por poder contar con este servizo, ampliando as oportunidades para as familias do rural, que asegurou que se amosan moi satisfeitas.

Esta unidade atende a nove concellos, catro do Carballiño e cinco do Ribeiro, o que supón preto dun centenar de nenos, facilitando que non teñan que desprazarse ata Ourense para recibir este servizo.