O BNG solicita a contratación dunha segunda mestra no colexio de Leiro

Desde o BNG de Leiro denuncian a eliminación, por parte da consellería de educación, de unha docente no curso de infantil neste ano lectivo 2020/2021 no noso centro de ensino.

No pasado curso, con un número de 21 alumnos e alumnas, o curso de infantil do CEIP Emilia Pardo Bazán contaba con duas docentes, mentres que neste ano ao verse reducido o número a 16, a Consellería de Educación decidiu prescindir de unha das mestras.

AVANTAR ACTIVIDADES

PUBLICIDADE

Despois de manter unha reunión coa dirección do centro, o BNG entende que, debido á crise sanitaria do COVID-19 se debería de manter o mesmo número de docentes no centro para poder reducir a ratio de alumnos por profesor ou profesora. A formación asegura que a escola de Leiro ten as infrastructuras suficientes para desdobrar a clase de infantil e así asegurar as condicións sanitarias de profesorado e alumnado.

Os nacionalistas de Leiro esixen ao alcalde do municipio que defenda a escola pública do concello e que intermedie coa Xunta para que esta situación se resolva e volte a haber dúas aulas de infantil neste curso 2020/21 no CEIP Emilia Pardo Bazán.

O grupo municipal do BNG ven de presentar unha moción na que pide ao pleno acadar os seguintes acordos:

  1. Amosar o rexeitamento ao Protocolo COVID19 para o ensino, aprobado pola Xuntade Galiza, así como apoiar as demandas da comunidade educativa nesta materia.
  2. Esixir á Xunta de Galiza a elaboración e financiamento do Plan extraordinario de limpeza e mantemento dos colexios deste concello, derivado da COVID-19, asumindo a totalidade do sobre custe.
  3. Apoiar as reivindicacións das asociacións de nais e pais do alumnado abrindo con urxencia por parte da Xunta de Galiza un diálogo para resolver os problemas que impedirían o desenvolvemento do Plan Madruga, dos comedores e das actividades extraescolares no curso 2020-2021.
  4. Emprazar á Xunta de Galiza a abrir un proceso de diálogo urxente coa comunidade educativa e a FEGAMP co obxectivo de resolver os problemas derivados do Protocolo, elaborado de forma unilateral pola Xunta, para garantir o correcto inicio e funcionamento do curso escolar 2020-2021.
  5. Dar traslado do presente acordo á Xunta de Galiza, á FEGAMP e ANPA do colexio público de Leiro.