A Deputación destina 300.000 € para obras en concellos e para axudas sociais e deportivas

Videoconferencia Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense), cos membros da Xunta de Goberno da Deputación de Ourense. Asisten Rosendo Fernández (VicePresidente 1º); Armando Ojea Bouzo (VicePresidente 2º); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Jorge Pumar (Deputado PPOU); Luz Doporto Real (Deputado PPOU); Cesar Fernández Gil (Deputado PPOU); Pablo Pérez Pérez (Deputado PPOU); Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense); Juan Marquina e Adamantino Barreiro García (Secretario e ViceSecretario da Deputación Ourense).

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, presidida por Manuel Baltar, aprobou hoxe, na reunión celebrada por videoconferencia, a concesión de achegas por importe de 304.220 euros para obras e servizos en concellos e axudas sociais e deportivas. En concreto, a Fundación Protección de Discapacitados Psíquicos da Comarca de Verín recibirá unha axuda de 25.000 euros para gastos de funcionamento da entidade correspondentes ao ano 2020, e a Escudaría Celanova Motor, 10.000 euros, para a colaboración na competición “Ourense termal” 2019. No que atinxe ás axudas a concellos (Avión, Baltar, Baños de Molgas, A Bola, Cortegada e A Gudiña), a Xunta de Goberno aprobou achegas para remodelación de estradas, aforro enerxético, a redacción dun proxecto para residencia de maiores, rehabilitación de inmobles e para a construción dunha pista polideportiva.

Publicidade