Galicia conta con máis de 12.000 persoas vacinadas na primeira semana

A Xunta de Galicia vacinou, ata o Día de Reis, coas primeiras 18.500 doses, a algo máis de 12.000 persoas de 152 centros sociosanitarios, cumprindo o plan elaborado pola Consellería de Sanidade, segundo o cal, cada semana vacinaranse arredor de 12.200 persoas.

Ata o de agora, a Xunta recibíu 37.500 doses, das que 18.550 pertencen a última remesa que chegou o pasado luns, día 4 de xaneiro. A previsión é rematar a vacinación da primeira dose a mediados deste mes de xaneiro.

AVANTAR ACTIVIDADES

O departamento sanitario galego mantén, polo de agora, unha reserva dun tercio das vacinas por si se produce unha rotura do stock, para garantir a administración da segunda dose.

Na xornada de mañá, no que respecta á nosa contorna, administrarase a vacina nas residencias sociosanitarias de Maside, Dacón, O Irixo e o Asilo do Carballiño.