O Carballiño presenta a súa primeira plataforma de venda online

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

DOCARBALLINO.COM é a primeira plataforma de venda online para os comercios do Carballiño. Esta iniciativa púxose en marcha dende a asociación do Centro Comercial Aberto, en colaboración co concello do Carballiño e a Xunta de Galicia. Onte tivo lugar a súa presentación oficial.

O alcalde do Carballiño agradeceu o traballo feito polo CCA e amosou o seu compromiso de seguir colaborando nesta iniciativa.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente do CCA, Julián Garriga, explicou como se xestou este proxecto que agora é unha realidade, asegurando que era unha idea que naceu anos atrás pero viuse precipitado pola pandemia.

O xefe territorial de industria e comercio, Pablo Fernández Vila, destacou o apoio da Xunta ós proxectos de dixitalización, e máis derivados das necesidades que xurdiron da pandemia.

Neste acto de presentación, explicouse polo miúdo como está organizada a páxina web e cal é o seu funcionamento. Un dos técnicos encargados da súa posta en marcha, Ignacio Atanes, tamén detallou algunhas curiosidades sobre como está creada.