Juan Manuel Casares Gándara, reelixido presidente do C.R.D.O. Ribeiro no novo pleno para esta lexislatura

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O pleno do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro para una nova lexislatura tomou posesión hoxe nunha sesión ordinaria na que se nomeou presidente a Juan Manuel Casares Gándara, que, deste xeito, continúa á fronte do Consello Regulador. A sesión foi presidida por José Luis Cabarcos Corral, director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), actuando como secretario o xerente do C.R.D.O. Ribeiro, Luis Manuel Vázquez Barredo.

Como representantes do sector produtor censo A tomaron posesión do seu cargo: Carlos Basalo, Wenceslao Labrador  e Mario de Sousa, representando a Gil Martínez CB.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

En representación do sector vinícola censo B recolleron as credenciais do seu cargo: Emilio Vidal en representación de Bodega Matarromera e Serafín Medina en nome de Bodegas Nairoa (vogais do sector industrial B1) e Antonio Muñoz de Bodega Alanís (sector industrial B2).

Como representantes do sector cooperativo censo C tomaron posesión do seu cargo: Andrés Rodríguez, representando a Viña Costeira, José María Casas e Concepción Iglesias.

O sector de colleiteiros censo D estará representado por Brais Cortiñas, en nome de Bodegas Val de Souto.

A estes vogais electos súmase como delegado en representación da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, Luis Jorge Álvarez, delegado territorial da Xunta en Ourense.

Juan M. Casares, licenciado en Veterinaria e en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e director da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) foi reelixido como presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe más antiga de Galicia, a D.O. Ribeiro. Leva dirixindo este organismo dende 2017 e dende entón apostou polo camiño da calidade e profesionalidade en todo o que organiza. Asegura que seguirá á fronte con moita ilusión e sentido común para lograr que esta Denominación de Orixe continúe o ascenso cualitativo que emprendeu fai xa algúns anos e logre posicionarse no lugar que merece, como unha das enocomarcas de referencia a nivel galego e incluso nacional., todo elo froito do traballo conxunto e a responsabilidade. Sinala que os tres grandes obxectivos para continuar o camiño nesta lexislatura serán: primeiramente o redimensionamiento da base territorial produtiva do Ribeiro, o segundo consiste na potenciación do Ribeiro como destino turístico de calidade e o terceiro será o de continuar coa revalorización do viticultor como figura clave e esencial en todo o tecido socioeconómico desta enocomarca.

O resultado da votación para a única candidatura presentada foi unanimidade dos presentes, resultando desta maneira reelixido Juan Manuel Casares Gándara presidente do C.R.D.O: Ribeiro. Así mesmo, someteuse a votación a candidatura de Concepción Iglesias como vicepresidenta, que tamén recibiu o voto unánime do pleno, polo que ocupará de novo a vicepresidencia.