O luns día 4 reabrirá o centro de saúde de Barbantes con sala covid

O centro de saúde de Barbantes abrirá de novo as súas portas logo de varios meses de polémica polo seu peche momentáneo por parte da consellería de Sanidade. Agora, as instalacións contan cunha sala covid, o principal motivo polo que fora pechado, para que ante esa carencia os usuarios utilizasen as instalacións do centro de saúde de Cenlle, que sí contaba xa con esa sala. O horario contará cun pequeno cambio, xa que o médico empezará a pasar consulta dende primeira hora en Cenlle e logo trasladarase a Barbantes.