O Carballiño acolle o primeiro torneo “Improman” de teatro improvisado

O primeiro IMPROMAXIN celebrarase no Carballiño o vindeiro domingo, día 5. IMPROMAXÌN é un campionato de improvisación teatral que se veu desenvolvendo en Vigo, Coruña, Santiago e Oporto durante os últimos meses e que ven a rematar na final do Carballiño.

Esta é unha actividade da Asociación Cultural FETEGA, que como sabedes é a organizadora do Festival do Teatro Galego e de CouMedia, a marca de Antón Coucheiro, Cou.

AVANTAR ACTIVIDADES

A actividade terá un preámbulo o día 4 de decembro cun encontro de improvisadoras e
improviadores de toda Galicia e norte de Protugal que estará aberto ao público. Trátase de dúas xornadas nas que a Impro se fai protagonista cultural na vila do Carballiño. A Impro deportiva ou Improvisación teatral é un show de duelos de actores que se enfrontan a escenas improvisadas que deben desenvolver partindo do descoñecemento dun guión.

Polo xeral, a comicidade domina o espectáculo, pero en ocasións xurden pezas dramáticas moi potentes. En todo caso, a Improdeportiva é un show no que o público disfruta moito. Precisamente son eles os que van a puntuar cada unha das creacións improvisadas.