Veciños da rúa Evaristo Vaamonde estan fartos

burst
Publicidade ASPADISI

OS “TORMENTOS” MÁIS “VIRULENTOS”

Unha vez máis a vila do Carballiño viuse asolagada por unha tormenta nunca vista nin sufrida nestas terras, unha desas tormentas que serven para xustificar as inundacións das rúas Evaristo Vaamonde e Avenida de Compostela, aínda que ao resto de rúas non sufran esta lacra.

HIPER MASIDE

Debe ser castigo divino para os veciños destas rúas que unha nube caprichosa sempre lles bote máis auga que aos demais, único que se me ocorre para xustificar que sempre se inunden os mesmos lugares, xa que os responsables políticos sempre achacan estes episodios a grandes trombas de auga que sempre afectan aos mesmo sitios dende hai oito anos.

E non será, queridos responsables políticos pasados e actuais, que vostedes non fixeron ben o seu traballo? Non será que houbo unha escasa e deficiente planificación urbanística nas zonas edificadas ás que non se dotou de sumidoiros pluviais e residuais suficientes e ben diferenciados a unha cota axeitada?

Pero falemos agora de SAÚDE PÚBLICA. En plena crise do CORONAVIRUS, co Concello desinfectando lugares comúns, a vostedes parécelles hixiénico que a rúa Evaristo Vaamonde, onde tamén hai un supermercado, se encha de augas fecais cada vez que hai unha tormenta? Vostedes cren que o virus non se atopa nestas augas? Pois xa se están a empezar a analizar estas augas na nosa Comunidade (https://www.europapress.es/galicia/noticia-edar-bens-promueve-investigacion-carga-viral-covid-19-aguas-residuales-lodos-20200414133120.html) POR ALGO SERÁ!!!

A miña nai forma parte da poboación de risco ante a crise epidemiolóxica que nos está a afectar, que pasaría se por culpa da auga fecal que entra da rúa á casa a miña nai se infecta? Supoño que xa estamos a falar dunha cuestión máis seria onde as responsabilidades pasan do ámbito político ao penal.

Nos levamos vivindo na Rúa Evaristo Vaamonde 39 anos, sen nunca ter un problema ata o remate das obras de acondicionamento do entorno da Veracruz. Ante a inactividade dos responsables políticos durante os últimos oito anos, agora levamos un mes e medio vivindo atrincherados con sacos de area intentando minimizar a entrada destas augas sucias na nosa casa. Estimados señores, isto non é unha tormenta, isto é UN TORMENTO CARGADO DE VIRUS!!!

burst