A policía autonómica realizou case un cento de inspeccións esta ponte festiva en 10 concellos da provincia de Ourense nos controis de medidas ante a covid-19

----------------------------------------------------------------------------------------------------------
  • Leváronse a cabo 54 dispositivos, que se enmarcan no plan de actuacións específicas destinadas a evitar a propagación da covid-19, no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias

Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo durante esta fin de semana, dende o venres día 4 ata o martes día 8 de decembro, 54 dispositivos na provincia de Ourense no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola covid-19. Ao abeiro destes controis, os axentes realizaron 92 inspeccións en 10 concellos da provincia na pasada fin de semana, con 201 identificacións e a tramitación de 4 denuncias.

En base a este Plan, a Policía Autonómica destinou efectivos entre o 4 ao 8 de decembro a controlar que se están a cumprir as medidas vixentes para frear a expansión do virus. Leváronse a cabo 54 dispositivos nos municipios de Baños de Molgas, Castro Caldelas, Coles, Maceda, Maside, Ourense, Toén, Verín,  Vilar de Santos e Xinzo de Limia.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

No conxunto da comunidade galega, os axentes actuaron nun total de 52 concellos, nos que que se rexistraron 213 operativos cun total de 582 inspeccións, con máis de 665 persoas identificadas e 101 denuncias tramitadas.

Estes dispositivos enmarcase no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias.

Durante os operativos, os axentes  controlaron que nos establecementos abertos ao público, terrazas e espectáculos públicos se estaban a cumprir as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á covid-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, así como o aforo e o horario de peche dos locais e a prevención do botellón.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------