Os veciños de Punxín recuperaron a súa tradicional festa na honra de San Wintila, despois de dous anos, e ca pretensión de establecelo como tradición e de dar un auxe a unha tradición con décadas de historia.
Onte domingo, o carro que está todo o ano no interior da igrexa, saiu adornado con flores e ramos e coa imaxe de San Wintila, tirada por bois, en procesión. Percorreu o camiño dende a igrexa ata o campo da festa, con música da charanga de Europa. Alí celebrouse a misa solemne. Esta procesión é algo novo, que prevese que quede no tempo, e que xa estaba previsto comezar antes da pandemia.
A raíz desta tradición, como o concello non tiña un escudo orixinal, dende o grupo de goberno acolleron a tradición dos bois como imaxe representativa.