Espazo Común anuncia que se votará a sí mesmo na investidura ante a falla de propostas para “un cambio real”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A formación de Espazo Común ven de anunciar a súa postura de cara ó vindeiro sábado, no que terá lugar a investidura do próximo alcalde do Carballiño. Aseguran que ante a falla de propostas de cambio, votaranse como candidatos á alcaldía. O seu comunicado é o seguinte:

“Entramos na semana decisiva para definir o FUTURO do Carballiño.
Dende Espazo Común queremos dar as gracias a todos os carballiñeses que depositaron a súa confianza en nós; e ó mesmo tempo queremos facerlles chegar a nosa postura sobre a elección do GOBERNO MUNICIPAL o próximo sábado día 17.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Presentámonos co COMPROMISO de CAMBIAR determinadas cousas :

1 -Ubicación do CENTRO DE SAUDE
2 -Solucionar conflito do ASILO
3 -Axudas ós libros de texto
4 -Novas infraestructuras deportivas
5 -Limpeza do pobo, do Parque Municipal e do medio rural.
Nos días transcurridos dende as eleccións, ningunha formación política expuxo unha proposta de CAMBIO REAL.
O candidato do Partido Popular só ten unha proposta: SER ALCALDE pero nada manifesta sobre as NECESIDADES do CARBALLIÑO
O actual alcalde asume a súa derrota pero INSISTE en NON CAMBIAR NADA… sinxelamente ESPERAR e que pase o tempo…

Ante esta SITUACIÓN dende ESPAZO COMUN só nos queda anunciar que :
VOTARÉMONOS A NÓS MESMOS e seguiremos traballando polo CAMBIO REAL no CARBALLIÑO o tempo que sexa necesario”.