Xoves día 10 na Casa da Cultura acto público con Néstor Rego Deputado do Bng no Congreso

Será este xoves día 10 as 8 da tarde na Casa da Cultura do Carballiño onde terá lugar un acto público con Néstor Rego Deputado do Bng no Congreso.

Néstor Rego Candamil, nado no Vicedo o 2 de abril de 1962, é profesor e membro do Bloque Nacionalista Galego, actual secretario xeral da Unión do Povo Galego. Nas eleccións xerais do 10 de novembro de 2019 foi elixido deputado do Congreso pola circunscrición da Coruña.

AVANTAR ACTIVIDADES

Licenciouse en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela. Accedeu ao corpo de Profesores do Ensino Secundario pola especialidade de Lingua e literatura galega. Como profesor desta especialidade foi profesor no IES Antón Losada Diéguez da Estrada e no IES Antón Fraguas Fraguas de Santiago de Compostela, onde ten na actualidade a súa praza[1].

Néstor Rego tomou posesión do seu escano o 3 de decembro, na sesión de Constitución da XIV lexislatura.

A lexislatura comezou marcada polas negociacións para constituír un goberno encabezado por Pedro Sánchez, líder do PSOE. Néstor Rego afirmou desde o primeiro momento a súa disposición a chegar a un acordo que permitise investir ao candidato socialista. O acordo asinouse o 3 de xaneiro de 2020, de xeito que o BNG votou a prol de Pedro Sánchez no debate de investidura que se celebrou entre o 4 e o 7 de xaneiro.

O acordo de investidura entre o BNG e o PSOE recollía, entre outros aspectos, a transferencia da AP-9 á Xunta de Galicia, o saneamento das rías, a mellora da rede ferroviaria galega ou un plan de emprego industrial[5].

Desde o comezo da actividade ordinaria do Congreso, Rego presentou propostas sobre o mantemento do emprego industrial nas Pontes, a defensa do galego ou a situación da liña ferroviaria Ferrol-Betanzos[6].



Información recollida en

https://gl.wikipedia.org/wiki/N%C3%A9stor_Rego