O Concello de Ribadavia ofrece un servizo de conciliación para as vacacións de Semana Santa

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Concello de Ribadavia co obxeto de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral dos veciños e veciñas de Ribadavia durante a Semana Santa, organiza o “Concilia na Pascua”.

Este programa tamén ten como obxetivo o disfrute durante a Semana Santa, dos nenos e das nenas, tanto dende un punto de vista pedagóxico, como no de poder vivir unha experiencia que axude a potenciar o seu desenvolvemento persoal e autonomía.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Vai dirixido ás familias con nenos e nenas de entre 3 a 14 anos.

O período da actividade comprende os días: luns 11, martes 12, mércores 13 e luns 18 de abril de 2022. Os días serán de luns a venres e con horario de 9:00-14:00 horas.

O número de prazas será de inicio de 30, pero desde o Concello informamos que sería posible aumentar as prazas sempre que haxa demanda.

O luns comezará o prazo de solicitude no servizo de Conciliación na Semana Santa, será do 29 de marzo ao 7 abril 2022.

Prezos Públicos:


Empadroadas/os

Non empadroadas/os

Poboación en xeral

20€

40€

Familias numerosasFamilias monoparentaisNeno/a con discapacidadePor segundo ou máis irmáns

10€

30€